Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1995 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a asistencia na redacción dos proxectos de rexeneración ambiental da beiramar de San Roque, O Portiño e Bens, e acondicionamento e conversión de punta Herminia nunha zona museo.

Exponse ó público durante o prazo de oito días hábiles que determina o Art. 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril o prego de cláusulas administrativas particulares regulador do concurso con procedemento aberto para a asistencia na redacción dos proxectos de rexeneración ambiental da beiramar de San Roque, O Portiño e Bens, e acondicionamento e conversión de punta Herminia nunha zona museo.

Simultaneamente, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra este, anúnciase a licitación, conforme as seguintes condicións:

Obxecto: asistencia na redacción dos proxectos de rexeneración ambiental da beiramar de San Roque, O Portiño e Bens, e acondicionamento e conversión de punta Herminia nunha zona museo. (Ref. 95/39).

Orzamento: 18.143.978 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional: 362.880 pesetas; definitiva: 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupos 3, 5 e 6, categoría A.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D./Dona..., veciño/a de ...., con enderezo en ...., provisto/a de DNI nº ...., en representación de..., con enderezo en..., (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para asistencia na redacción dos proxectos de rexenaración ambiental da beiramar de San Roque, O Portiño e Bens, e acondicionamento e conversión de punta Herminia nunha zona museo e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de.... pesetas (IVE incluído)

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo adxunto.

Data e sinatura do propoñente.»

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo de cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta .... para optar ó concurso para a contratación da asistencia na redacción dos proxectos de rexeneración ambiental da beiramar de San Roque, O Portiño e Bens, e acondicionamento e conversión de punta Herminia nunha zona museo.»

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do Pazo Municipal, Praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 24 de outubro de 1995.

O Alcalde

Rubricado

6769