Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MESÍA

ANUNCIO de resolución da alcaldía sobre convocatoria de proceso selectivo para cubrir unha praza de administrativo e extracto de bases.

Publicada a oferta de emprego público do Concello de Mesía no DOG núm. 133 do 12-7-1995 e BOE número 195, do 16-8-1995 e aprobadas polo Concello Pleno as bases do proceso selectivo, na sesión do 7 de abril de 1995, por resolución da alcadía do 18 de agosto de 1995 convocáronse as correspondentes probas selectivas para cubrir, polo procedemento de oposición libre, unha praza de administrativo, conforme as citadas bases, que se publican integramente xunto coa convocatoria no BOP Núm 208, do 9 de setembro de 1995.

Extracto das bases:

Obxecto da convocatoria e características da praza.

Provisión en propiedade, polo sistema de oposición libre, dunha praza de administrativo, escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C.

Condicións ou requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los requisitos que se sinalan na base 2ª publicada no BOP.

Solicitudes.

Presentaranse no modelo oficial que se facilitará no concello directamente ou por correo, segundo o procedemento que se detalla na base 3ª.

Dereitos de examen: 3.000 ptas.

Forma e prazo de presentación: no rexistro xeral do Concello de Mesía ou na forma prevista no Art. 38 da Lei 30/1992, no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Admisión de aspirantes.

É suficiente a manifestación de cumprimento dos requisitos esixidos e o aboamento dos dereitos de exame.

Rematado o prazo de presentación de instancias, no mes seguinte publicarase a lista provisional de admitidos e prazo de emenda; resoltas as posibles reclamacións publicarase lista definitiva e simultaneamente composición do tribunal e lugar, data e hora do 1º exercicio.

Tribunal:

Presidente: alcalde ou concelleiro en que delegue ou legalmente o substitúa.

Secretario: o titular da corporación, ou funcionario capacitado en quen delege ou legalmente o substitua.

Vocais:

-Representante da Comunidade Autónoma.

-Funcionario con habilitación de carácter nacional proposto polo colexio provincial.

-Funcionario de carreira experto en informática.

-Funcionario de carreira de igual ou superior categoría que a praza convocada.

Designarase suplente para cada un dos membros.

Poderá reclama-la asistencia de asesores en cuestións puntuais.

Comezo e desenvolvemento da oposición.

Transcorrerán cando menos dous meses desde a convocatoria no BOE ata a celebración do 1º exercicio, o que se anunciará cunha antelación de quince días.

Os anuncios dos restantes exercicios publicaranse no taboleiro de anuncios do concello.

Exercicios.

Primeiro exercicio.-Test de 100 preguntas con respostas alternativas relacionadas co programa anexo.

Segundo exercicio.-Desenvolvemento dun tema de carácter xeral relacionado coas materias do programa anexo.

Terceiro exercicio.-Suposto ou supostos prácticos relacionados coa parte segunda do programa e temas 12, 13, 14 e 15 da parte primeira do programa anexo.

Cuarto exercicio.-Traducción do castelán para o galego dun documento administrativo.

Medios materiais e instruccións xerais referentes ós exercicios.

Nas bases publicadas no BOP descríbense detalladamente os medios, impresos e procedementos relativos ó desenvolvemento concreto das distintas probas.

Cualificación dos exercicios.

De 0 a 10 puntos sendo necesario un mínimo de 5 para superar cada unha das probas.

Nas bases íntegras descríbese o proceso especial do exercicio 1º así como os criterios de valoración.

Bases 10ª, 11ª e 12ª.

Remítese expresamente ó contido delas publicadas no BOP.

Programa.

Igual que no apartado anterior.

Mesía, 27 de setembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273