Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1995 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de centro de transformación, de dous transformadores, no barrio de San Roque.

Exponse ó público durante o prazo de oito días hábiles que determina o Art. 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, o prego de cláusulas administrativas particulares regulador do concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de centro de transformación, de dous transformadores, no barrio de San Roque.

Simultaneamente, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra este, anúnciase a licitación, conforme as seguintes condicións:

Obxecto: centro de transformación, de dous transformadores, no barrio de San Roque (Ref. 95/92).

Orzamento: 25.747.082 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional: 514.942 pesetas; definitiva: 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo I, subgrupo 4, categoría B. Grupo C, subgrupo 2, categoría B.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D./Dona... veciño/a de ...., con enderezo en ...., provisto/a de DNI nº ...., en representación de..., con enederezo en... (ou en nome propio) informado/a do anuncio de concurso para a contratatación das obras comprendidas no proxecto de centro de transformación, de dous transformadores, no barrio de San Roque e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de.... pesetas (IVE incluído) e no prazo de....

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo adxunto.

Data e sinatura do/a propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo de cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta.... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de centro de transformación, de dous transformadores, no barrio de San Roque».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do Pazo Municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 20 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

7081