Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.074

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (254/1993).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela fai saber que nos autos que a seguir se dirán figura dictada a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o vinte de setembro de mil novecentas noventa e tres. Vistos por S.Sª os presentes autos de xuízo executivo número 254/1993, seguidos por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, con DNI/CIF G-36000271, domiciliado en rúa Augusto González Besada, 2-4 (Pontevedra), representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Manuel Souto López, con DNI/CIF, domiciliado en Gándara (San Fiz de Sales), Obdulia Collazo González, con DNI/CIF, domiciliada en Gándara (San Fiz de Sales) e Ermitas López Otero, con DNI/CIF, domicilada en Gándara (San Fiz de Sales), declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando a demanda interposta polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, no nome e representación que ten acreditada de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados a Manuel Souto López, Obdulia Collazo González e Ermitas López Otero, ata facer remate deles, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante da suma de 2.439.996 pesetas, importe do principal debido á executante como capital e xuros acumulados pola referida póliza, mailo xuro pactado desde a data de certificación do corredor de comercio e ata que se faga efectivo o pagamento do principal, condenando así mesmo o dito demandado ó pagamento das custas causadas e que causen ata a súa total e completa liquidación, as cales foron orzadas en 500.000 ptas.

Contra esta sentencia poderase interpor neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expídese o presente edicto para que sirva de notificación en legal forma á parte demandada en ignorado paradoiro, así como ós herdeiros descoñecidos e incertos da demandada Ermitas López Otero, servindo así mesmo de notificación para efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario para os herdeiros descoñecidos e incertos de Camilo Souto Canabal da existencia do procedemento e embargo de bens gananciais inscritos no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela número 1, predios 7.532 e 7.413.

Dado en Santiago de Compostela o vintesete de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

7089