Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.073

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (239/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 239/1995, que se seguen neste xulgado por insultos, cítase a Carlos José Arrojo Mella, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido para que o vindeiro día oito de novembro ás once trinta horas, comparezca na Sala de Audiencias do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela (sala de vistas número tres), sita na primeira planta do edificio dos xulgados de Santiago de Compostela, rúa Viena número 1, polígono das Fontiñas de Santiago de Compostela, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, facéndolle saber que pode comparecer asistido de avogado, e advertíndoo de que deberá facelo provisto dos medios de proba de que intente valerse, e que se non o verifica recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, dezanove de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6558