Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.073

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (160/1995).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada en xuízo de faltas número 160/1995, que se segue sobre agresión, cítase o denunciado Juan Carlos Lema Balsas, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza ante este xulgado e o próximo día vinteún de novembro de 1995 ás 10.15 horas, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que se tente valer, facéndose sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, podendo ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 22 de setembro de 1995.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do xulgado

6986