Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.073

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (218/1995-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 21/1995, por instancia de María Natividad Sánchez Agustiño Mariño, contra Javier Sánchez Agustiño Mariño, nas actuacións do cal, en resolución desta data, se acordou citar a María Natividad Sánchez Agustiño Mariño, co fin de que o día vintetrés de novembro ás 11.15 horas compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas, apercibíndoa de que, en caso de non o verificar recaerá sobre ela o prexuízo a que haxa lugar en dereito e que deberá comparecer asistida das probas das que se tente valer.

E para que conste e lle sirva de citación a María Natividad Sánchez Agustiño Mariño, expido e asino en Santiago de Compostela o catro de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-6586