Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.072

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (317/1994-01).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo seguido ante este xulgado co nº 317/1994, promovido pola entidade Cerba Internacional, S.A., representada polo procurador Caamaño Queijo, contra a entidade Instituto Gallego de Análisis Clínicos, S.L. e María del Carmen Lago Rodríguez e outro, sobre reclamación de cantidade de 1.100.000 pesetas de principal e 54.832 pesetas de gastos, máis 350.000 pesetas orzadas para xuros, gastos e custas; e dado que os demandados indicados anteriormente se encontran en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto cítanse para que no prazo improrrogable de nove días comparezan nos autos en legal forma, mediante procurador e letrado, e se opoñan á execución se lles conviñer, facendo constar que as copias da demanda e documentos presentados se encontran nesta secretaría ó seu dispor

e apercibíndoos de que, de non compareceren, serán declarados en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen volvelos citar nin lles facer outras notificacións que as que determine a lei.

Faise saber que, sen previo requirimento de pago, se procedeu ó embargo dos seguintes bens:

Entidade Instituto Gallego de Análisis Clínicos, S.L.; o saldo acredor que teña a demandada na Caixavigo, na oficina nº 162 da rúa dos Basquiños 67-71 desta cidade.

María Carmen Lago:

1.-Casa sita no lugar de Ombre, parroquia de San Xoán de Vilanova, termo de Miño, composta de eira, curral, alpendre, cunha superficie de 251 metros cadrados; estrema: norte, José Antonio Abeledo; sur, Antonio Rodríguez; leste, casa e saídos do mesmo e oeste, José Antonio Abeledo. Predio nº 7.358.

2.-Rústica no lugar de Ombre, parroquia de San Xoán de Vilanova, Miño, cunha superficie de unha área e 34 centiáreas. Estrema: norte, eira de herdeiros de Pedro Cabana; sur, os mesmos; leste máis de José Antonio Cabana e oeste, máis de José Antonio Cabana. Predio nº 7.359.

3.-Participacións sociais que ostente da entidade Instituto Gallego de Análisis Clínicos, S.L.

Así mesmo, mediante o presente edicto, notifícaselle ós demandados que se procedeu á ampliación da demanda polo importe de 2.135.694 pesetas de principal e 46.160 pesetas de gastos.

E para que así conste e sirva de citación en legal forma ós demandados en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-6614