Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.072

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (182/1993).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento xudicial executivo baixo o número 182/1993, por instancia de Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra a entidade mercantil Diseño Representaciones Galicia, S.L., José Devesa Castelao e Josefa Rodríguez Lea, nos cales se acordou sacar a pública poxa, polo termo de vinte días, os bens mobles que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa no próximo día 12 de xaneiro ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 2.650.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o o próximo día 8 de febreiro ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultar deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 8 de marzo, ás 12 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomaren parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, a excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0182/93, presentanto o resgardo do ingreso.

Sexta.-Poderanse facer ofertas en prego cerrado.

Sétima.-En caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Oitava.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, salvo que corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Novena.-Se o pedise o acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os

prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde daquelas.

Décima.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

Vehículo marca Nissan, modelo Trade, tipo camión-caixa, matrícula C-8347-AP, valoración: 600.000 pesetas.

Vehículo marca Seat, modelo Trans, tipo furgoneta, matrícula C-6902-W, valoración: 75.000 pesetas.

Vehículo marca Seat, modelo Ibiza, tipo L1.2., matrícula C-4952-BB, valoración: 400.000 pesetas.

Vehículo marca Fiat, modelo Panda, tipo 40, matrícula C-8103-W, valoración: 75.000 pesetas.

Vehículo marca Alfa Romeo, modelo 164, tipo 2.5, T.D., matrícula C-3459-AN, valoración: 1.500.000 pesetas.

Total valoración: 2.650.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

6695