Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1995 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto da obra de clave N/LU/91.7.1.

A) Obra

Alargamento e mellora da LU-122 Lindín-Paraxes. tramo: Paraxes-Bretoña.

Clave: N/LU/91.7.1

Orzamento: setecentos trinta e sete millóns setecentas sete mil cincocentas corenta e dúas pesetas (737.707.542).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría d. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 14.754.151 ptas.

(Declarada urxente con data 18 de maio de 1995 segundo o establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado, e tendo en conta a disposición transitoria 1ª da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente o 4% do presuposto de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1995.

P.D (Orde de 13 de decembro de 1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9506771