Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1995 de corrección de erros observados na do 27 de xullo de 1995 pola que se fixeron públicas as razóns que xustificaron a utilización do procedemento de contratación directa para a adquisición dunha parte do baixo-entreplanta (cunha superficie total de 640 m) e 6 prazas de garaxe, no edificio colindante coa sede rectoral sito na rúa Areal número 50 de Vigo.

Observado erro na devandita Resolución do 27 de xullo de 1995 e na publicación do anuncio no DOG nº 198 cómpre face-la seguinte rectificación.

Onde di: «adquisición dunha parte do baixo-entreplanta (cunha superficie total de 640 m e 6 prazas de garaxe)», debe dicir: «adquisición dunha parte do baixo, entreplanta e primeira planta (cunha superficie total de 640 m) e 6 prazas de garaxe».

Vigo, 18 de outubro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

9506618