Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 29 de setembro de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial do PERI da unidade de actuación N-29 do PXOU vixente.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 22-9-1995, acordou aprobar inicialmente o plan especial de reforma interior da unidade de actuación norte 29 (Camiño Verde-Dona Urraca) do PXOU vixente.

Conforme o prevido nas disposicións vixentes, sométese a información pública por prazo de un mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse as reclamacións ou suxerencias que se desexen.

Lugo, 29 de setembro de 1995.

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario

Ramón Jaime Arias Roca

Teniente alcalde delegado de área

95-6682