Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo para a adquisición de 109 terminais de radiomensaxería (RDS).

O director xeral de Recursos Económicos, actuando no nome do presidente do Servicio Galego de Saúde, por delegación de atribucións segundo Decreto 199/1994, do 16 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde, acordou dar publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

Expediente: S/95/2/centralizado.

Obxecto: adquisición 109 terminais de radiomensaxería (RDS).

Orzamento: 6.167.500.

Adxudicatario: Comercial Electrónica Ricardo, S.L.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artitgo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1995.

P.D. (Decreto 199/1994, do 16 de xuño)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

7049