Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se resolve a contratación de subministracións 3/1995, para a realización dun cableado troncal e a súa instalación no devandito complexo.

Por resolución da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense do pasado 12 de xullo, convocouse por procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite de urxencia, a contratación de materiais para a realización dun cableado troncal e a súa instalación no devandito complexo hospitalario (DOG nº 142, do 26-7-1995).

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da mesa de contratación constituída para tal fin, o director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, en uso das atribucións que lle son delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de

Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191 do 3-10-1994).

RESOLVEU:

Como órgano de contratación, adxudicarlle o citado contrato á empresa Alcatel Ibertel, S.A. por un importe de 13.991.221 ptas.

Ourense, 2 de outubro de 1995.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor

9506703