Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos, licitados por concurso público, das asistencias técnicas denominadas colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica de planos parcelarios e altimétricos na zona de Baroncelle, concello de Abadín, provincia de Lugo (LU/LT-520 e seis máis).

Por Resolución do 19 de abril de 1995, desta delegación, anunciouse o citado concurso público.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e en virtude das facultades conferidas a esta delegación polo Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, de desconcentración en materia de contratación administrativa nos delegados provinciais da Xunta de Galicia, resolvín adxudica-las asistencias técnicas que se citan ás empresas que se indican e polos importes de adxudicación que así mesmo se cifran:

1.-Denominación da asistencia técnica: colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica de planos parcelarios e altimétricos na zona de Baroncelle (Abadín-Lugo). LU/LT-520.

Empresa adxudicataria: Desherca Ingenieros, S.A.

Importe de adxudicación: 9.580.000 ptas.

2.-Denominación da asistencia técnica: colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica de planos parcelarios e altimétricos na zona de Camporredondo (Baralla-Lugo). LU/LT-521.

Empresa adxudicataria: Agrocad C.B. - Calizas y Fertilizantes del Noroeste, S.A., U.T.E.

Importe de adxudicación: 4.432.809 ptas.

3.-Denominación da asistencia técnica: colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica de planos parcelarios e altimétricos na zona de Piñeira-Vilaselán (Ribadeo-Lugo). LU/TL-522.

Empresa adxudicataria: Estudios y Proyectos del Noroeste, S.L. - Agrimer S.L., U.T.E.

Importe de adxudicación: 5.915.000 ptas.

4.-Denominación da asistencia técnica: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais na zona de Fanoi (Abadín-Lugo). LU/BP-527.

Empresa adxudicataria: Nortagro, S.L.

Importe adxudicación: 4.090.000 ptas.

5.-Denominación da asistencia técnica: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais na xona de Navallos (Ribeira de Piquín-Lugo). LU/BP-528.

Empresa adxudicataria: Cotiasa, S.L.

Importe de adxudicación: 3.450.000 ptas.

6.-Denominación da asistencia técnica: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais na zona de monte de Trabada (Trabada-Lugo). LU/BP-529.

Empresa adxudicataria: Estudios y Proyectos Agrícolas del Noroeste, S.L.

Importe de adxudicación: 9.000.000 de ptas.

7.-Denominación da asistencia técnica: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais na sona de monte de Vilaformán (Trabada-Lugo). LU/BP-530.

Empresa adxudicataria: Deuxa, S.A.

Importe de adxudicación: 2.700.000 ptas.

O que se fai público en virtude do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Lugo, 27 de setembro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado Provincial de Lugo

95-6735