Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución e modificación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación, constituídas conforme ó Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e á orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións que se citan.

A constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Anlllóns, S.A.T. nº 912 XUGA, de responsabilidade limitada, domiciliada en Campo da Feira, 15, Carballo (A Coruña); obxecto social: servicios agrícolas e gandeiros; capital social: 100.000 pesetas; nº de socios: 10.

A Sociedade Agraria de Transformación O Fondal-Aboi, S.A.T. nº 913 XUGA de responsabilidade limitada, domiciliada en Aboi-Céltigos-Frades (A Coruña); obxecto social: producción e comercialización de leite e carne; capital social: 3.000.000 de pesetas; nº de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Castrillón, S.A.T. nº 914 XUGA de responsabilidade limitada, domiciliada en Vilarguite, Vilapún, Cervantes (Lugo); obxecto social: producción de gando ovino; capital social: 100.000 pesetas; nº de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Casa Jaime, S.A.T. nº 915 XUGA, de responsabilidade limitada, domiciliada en Xanceda, Mesía (A Coruña); obxecto social: venda de leite e gando vacún; capital social: 3.000.000 de pesetas; nº de socios: 5.

A Sociedade Agraria de Transformación Méndez, S.A.T. nº 916 XUGA, de responsabilidade limitada, domiciliada en Canedos, nº 5, Mesos, Frades (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terra e gando vacún e comercialización das súas produccións; capital social: 9.600.000 pesetas; nº de socios: 3.

A modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Cion, S.A.T. nº 2.027, na asemblea xeral celebrada o 18 de agosto de 1995, acordou por unanimidade o cambio de responsabilidade civil da sociedade, pasando a ser limitada.

A Sociedade Agraria de Transformación Viaverde, S.A.T. nº 876 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 13 de xullo de 1995, acordou por unanimidade a integración como socia de María Rioboo Pernas, quedando a sociedade integrada por 4 socios e producíndose un aumento de capital, definitivamente fixado en 400.000 ptas., integrado por 4 resgardos nominativos de 100.000 ptas., cada un deles.

A Sociedade Agraria de Transformación A Portela, S.A.T. nº 523 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 26 de agosto de 1995, acordou por unanimidade a renovación da súa xunta rectora, quedando integrada por:

Presidente: Agustín Formigo Raña.

Secretario: Antonio González Pousa.

Vocal: Mª Zoila Vázquez Sanmarful.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

6774