Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 132-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Electrica Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Costoia.

Situación: Ames (A Coruña).

Características técnicas:

-L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 92 m de lonxitude, en LA-56, entre os apoios 18 e 20 da L.M.T. Lamas-Ortoño (Expte. 6046).

-Ramal de 4 m de lonxitude, en LA-56, que parte do apoio nº 20 da L.M.T. anterior e remata no C.T. que se vai construír tipo aéreo de 100 kVA en Costoia. Concello de Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6709