Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Electrica Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.
Denominación: L.M.T. e C.T. en Callou.
Situación: Bergondo (A Coruña).
Características técnicas: ramal L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 30 m de lonxitude, en conductor LA-56 que parte do apoio nº 1 da L.M.T. Vixoi-Pieadela (Expte. 39617) e remata no C.T. que se vai contruir tipo aéreo de 50 kVA no lugar de Callou. Concello de Bergondo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 4 de outubro de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
95-6934