Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 113-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Electrica Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en edificio Avda. de Arteixo 67-69.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: L.M.T. subterránea doble circuíto a 15/20 kV, de 225 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x240 mm Al), que parte da L.M.T. Sagrada Familia-Ramón Cabanillas (Expte. 27591) e remata no C.T. que se vai contruír tipo interior de 630 kVA en Avda. de Arteixo nº 67-69. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-6935