Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 125-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Electrica Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: R.B.T. en Foxo do Cabrito.

Situación: Toques (A Coruña).

Características técnicas: rede de baixa tensión aérea, a 380/220 voltios, que parte da R.B.T. existente de C.T. Porto Salgueiro (Expte. 51355) e remata nas acometidas dos abonados de Foxo do Cabrito, de 1.900 m de lonxitude, en conductor R.Z. concello de Toques.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-6933