Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.037

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (397/1994).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a recaída nos autos de xuízo executivo número 397/1994, que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o dez de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos ante este xulgado co número 397/1994, promovidos polo Banco Central Hispanoamericano, S.A., con domicilio social en Madrid, r/Alcalá, nº 49, representada polo procurador García Piccoli, baixo a dirección do letrado Rodríguez Gigirey, contra a entidade Galfruit, S.L., con domicilio na Ponte de San Lázaro, A Granxa-Santiago de Compostela, María Dolores Piñeiro López e Dolores López Queiro, con domicilio en Avda. de Xoán XXIII, bloque 11, porta 1-baixo esquerda de Santiago de Compostela, representadas polo procurador Paz Montero, baixo a dirección do letrado Manuel Babio Arcay.

Decido que debo estimar e estimo a oposición formulada polo procurador Paz Montero en nome e representación de María Dolores Piñeiro López e Dolores López Queiro, contra a demanda executiva promovida polo procurador García-Piccoli, en nome e representación do Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra aquelas e contra a entidade Galfruit, S.L., declarada en rebeldía procesual, acordando non haber lugar a dictar sentencia de remate e impondo as custas procesuais á demandante.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderase interpor neste xulgado e perante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mánodo e asíno».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe, e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Galfruit, S.L., expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintedous de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

7047