Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.037

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (34/1995-I).

María del Pilar Varela García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, certifico que nos autos que logo se dirán se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Ribeira o quince de setembro de mil novecentos noventa e cinco. Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, viu os presentes autos de xuízo de faltas 034/1995, por resistencia a axentes da autoridade, no que son partes o Ministerio Fiscal en representación da acción pública e como denunciantes Agustín Manuel Pego Argibay, Jesús Fernández Fernández e José Antonio Cabarcos Díaz, como denunciado Antonio Rial Ouviña. Decido que debo condenar e condeno a Antonio Rial Ouviña, como autor responsable de falta contra a orde pública xa definida, á pena de 20.000 ptas. de multa ou catro días de arresto substitutorio en caso de non a pagar. Condénase, ademais, o denunciado ó pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselle a presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes interesadas, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, que se formalizará mediante escrito no que motivadamente se expoñan as razóns que se queiran alegar. Quede testemuño da presente resolución nos autos, levándose o orixinal ó libro de sentencias deste xulgado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Antonio Rial Ouviña, expido e asino o presente edicto en Ribeira o 3 de outubro de 1995.

O secretario

Rubricado

95-6556