Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.036

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (221/1995).

En virtude do disposto pola secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, Inmaculada Rodríguez Mahía, en resolución de data 25 de setembro de 1995, dictada en autos de menor contía número 221/1995, a pedimento de Isidro Martínez Castro, representado por Julio Barreiro Fernández, contra Felisa Rodríguez García e outros, emprázase a Flora García Varela, María García Varela e Jesús García Varela, con paradoiro descoñecido, e as persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese no preito, co fin de que, no prazo de vinte días improrrogables, comparezan en autos en legal forma mediante avogado e procurador, e contesten a demanda, co apercibimento de que, de non verificalo, recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento ós mencionados demandados Flora García Varela, María García Varela e Jesús García Varela e persoas descoñecidas e incertas que teñan interese no preito, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Ordes o 26 de setembro de 1995.

Inmaculada Rodríguez Mahía

Secretaria

9506585