Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.036

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

EDICTO (274/1995).

En virtude do acordado nos autos de xuízo de menor contía que se seguen neste xulgado baixo o número 274/1995, por instancia de José Lareo Álvarez, Víctor Ribeiro Carbia, Manuel Gómez Oca e Gumersindo Gómez Oca, contra José Fernández Martínez e 31 persoas máis, sobre danos na propiedade, por medio do presente edicto emprázase en legal forma os demandados dos que se descoñece o paradoiro actual, María Teresa Buján Carvajal, Carmen Buján Carvajal, María Jesús Parada García, Milagros Parada García, María Esther Parada García, Alfredo Clemente Parada, José Luis Buján Rodríguez, así como a aquelas persoas descoñecidas e incertas que puidesen ostentar algún dereito de captación das augas do predio Abeneiral, para que no termo de dez días comparezan ante este xulgado en legal forma mediante avogado e procurador, baixo os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que así conste e sirva de emprazamento en legal forma ós mencionados demandados, así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido o presente edicto que selo e asino na Estrada o trinta de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

9506662