Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se lle dá publicidade á concesión do título de «Agrupación de Defensa Sanitaria» (A.D.S.) á denominada Coruña-Sur.

Presentada a solicitude de cualificación de «Agrupación de Defensa Sanitaria» por parte da A.D.S Coruña-Sur e, unha vez cumpridos os requisitos esixidos pola normativa vixente en materia de sanidade animal, e en concreto os establecidos polo Real decreto 425/1985, do 20 de marzo, e a Orde do 31 de maio de 1985, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Concede-la cualificación de «Agrupación de Defensa Sanitaria» á constituída en Santiago de Compostela coa denominación «A.D.S. Coruña-Sur».

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1995.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias

6675