Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se disolven as agrupacións de defensa sanitaria: A.D.S. Santiso; A.D.S. Vedra; A.D.S. Santiago de Compostela; A.D.S. Melide e A.D.S. Arzúa.

Vista a solicitude presentada polas agrupacións de defensa sanitaria A.D.S. Santiso; A.D.S. Vedra; A.D.S. Santiago de Compostela; A.D.S. Melide e A.D.S. Arzúa, para a súa disolución, coa intención de constituír unha de maior ámbito territorial. Unha vez cumpridos tódolos requisitos e demais trámites esixidos pola normativa vixente en materia de sanidade animal, e en concreto os establecidos polo Real decreto 425/1985, do 20 de marzo, e a Orde do 31 de maio de 1985, esta dirección xeral resolve deixar sen efecto as A.D.S. seguintes:

-A.D.S. Vedra (concesión por resolución do 17-1-1986 BOE do 21-2-1986).

-A.D.S. Santiso (concesión por resolución do 20-4-1986 BOE do 6-6-1986).

-A.D.S. Santiago de Compostela (concesión por resolución do 10-5-1984 DOG do 1-6-1984).

-A.D.S. Melide (concesión por resolución do 23-4-1986 BOE do 6-6-1986).

-A.D.S. Arzúa-Touro (concesión por resolución do 20-10-1986 DOG do 10-11-1986).

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1995.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias

6708