Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica á resolución dos expedientes administrativos sancionadores incoados por infracción á lexislación vixente de pesca fluvial, dos expedientes sancionadores números P-8/1995 e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo dentro do prazo de un mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase o seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó abonamento da sanción, deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

A N E X O

-Expediente: P-8/95

Denunciado: Salvador Platas Ferreiro.

Enderezo: Casas Sindicales,17 (Lugo).

Feito denunciado: dedicarse ó deporte da pesca en tramo de río acoutado, en época de veda, carecendo de licencia e de permiso de couto, pescando unha troita.

Precepto sancionador: 34.1º, 34.8º e 34.10º.

Sanción: 75.000 ptas. de multa, 1.000 pts de indemnización e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente: P-29/95

Denunciado: Juan Carlos Chao Mera.

Enderezo: Poeta Aquilino Iglesias, bloque nº 5-3º A (Lugo).

Feito denunciado: pescar con cana no río Miño (coto de Ombreiro), en época de veda e tramo acoutado, carecendo de licencia.

Precepto sancionador: 34.1º, 34.8º e 34.10º.

Sanción: 65.000 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte- la licencia de pesca.

-Expediente: P-108/95

Denunciado: Luis Manuel García Alonso.

Enderezo: Benito Blanco Rajoy, 9-11 D (A Coruña).

Feito denunciado: pescar en tramo compartido coa Comunidade Autónoma de Asturias.

Precepto sancionador: 33.9º.

Sanción: 25.000 ptas. de multa.

-Expediente: P-163/95

Denunciado: Miguel Ángel Hermida Surribas.

Enderezo: Lugar de Senra-Piñor de Cea-Ourense.

Feito denunciado: dedicarse ó deporte da pesca carecendo de licencia.

Precepto sancionador: 34.1º.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 25 de setembro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

6674