Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1995, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras da estrada LU-232, de Lugo a Friol, treito: Lugo-Friol, segunda fase, concello de Lugo. (Clave: N/LU/91.15.2).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia de data 20 de xullo de 1995, foi aprobado o proxecto das obras de estradas LU-232, de Lugo a Friol, treito: Lugo-Friol, 2ª fase, concello de Friol. Clave : N/LU/91.15.2.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 14 de setembro de 1995, declárase urxencia a efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo dito proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Lugo e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación daqueles, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considera necesario.

Lugar: sala de xuntas de Quiroga Ballesteros de Lugo. De 9 a 14 horas.

Día: 30 de outubro de 1995, de Abelairas Rivas, Manuel a Corral Díaz, Josefa.

Día: 31 de outubro de 1995, de Corredoiras Manciñeiras, Ramiro Hdos. a López Castro, Socorro.

Día 2 de novembro de 1995, de López Núñez, José a Regueiro Sánchez, Manuel.

Día 3 de novembro de 1995, de Rial Núñez, José A. Yllera Fernández, María del Mar.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse, á súa costa, se o estiman oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa Xefatura Provincia de Estradas da Xunta de Galicia sita na Ronda da Muralla nº 131, 27001 Lugo, as alegacións que estimen pertinentes con obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 11 de outubro de 1995.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas

95-7033