Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.989

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (190/1995).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado na peza de medidas provisionais de autos de xuízo de separación conxugal (5*), seguidos neste xulgado baixo o número 190/1995, a pedimento de Carmen Blanco Suárez, representado Jesús Raposo Quintas, pola presente cédula cítase a Avelino Quintáns Cundines, en ignorado paradoiro, para que o día vinte de novembro, ás dez horas, compareza neste xulgado á comparecencia prevista no artigo 1897 da Lei de axuizamento civil, e advírtoo de que, se non comparece, continuarase o procedemento na súa rebeldía, sen máis citacións nin notificacións cás que a lei expresamente fixa, e que deberá comparecer con avogado e procurador.

E para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira o catro de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9507097