Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.989

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (190/1995).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado, en autos de xuízo de separación conxugal (5*) seguidos neste xulgado baixo o nº 190/1995, a pedimento de Carmen Blanco Suárez, representado Jesús Raposo Quintas, pola presente cédula emprázase a Avelino Quintáns Cundines, en ignorado paradoiro, para que no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, defendido de letrado e representado por procurador, conteste a demanda e formule, se é o caso, reconvención se lle conviñese en dereito, baixo apercibimento de que, de non facelo, será declarado en rebeldía, seguirá o xuízo o seu curso, sen máis oílo nin citalo e entenderanse as sucesivas dilixencias nos estrados do xulgado.

E para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira o catro de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9506617