Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCION do 20 de outubro de 1995 pola que se anuncia a licitacion, polo sistema de concurso aberto, das asistencias técnicas que se citan a continuacion (clave OH.336.338/AT e catro máis).

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para redacción do anteproxecto do saneamento integral de Moaña (Pontevedra).

Clave: OH.336.338/AT.

Orzamento: trinta millóns de pesetas (30.000.000).

Prazo de execución: 7 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría c.

2. Asistencia técnica para dirección de obras e control no norte da provincia da Coruña, ano 1996.

Clave: OH.915.368/AT.

Orzamento: quince millóns oitocentas dezanove mil seis pesetas (15.819.006).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

3. Asistencia técnica para dirección de obras e control no sur da provincia da Coruña, ano 1996.

Clave: OH.915.369/AT.

Orzamento: dezaseis millóns duascentas oitenta mil seiscentas noventa e sete pesetas (16.280.697).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

4. Asistencia técnica para dirección de obras e control no norte da provincia de Lugo, ano 1996.

Clave: OH.927.250/AT.

Orzamento: catorce millóns cento corenta e unha mil setecentas trinta e dúas pesetas (14.141.732).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

5. Asistencia técnica para dirección de obras e control no sur da provincia de Lugo, ano 1996.

Clave: OH.927.249/AT.

Orzamento: catorce millóns seiscentas noventa e nove mil seiscentas corenta e catro pesetas (14.699.644).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

(Declaradas urxentes con base no establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interés para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega co prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela 20 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-6678