Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.975

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52700).

Visto o expediente incoado por solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/Severo Ochoa, nº2, 15008, A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

-Expte. nº 52700. Modificación do proxecto denominado liña de alta tensión, en dobre circuíto, a 132 kV, desde a liña Eume-Cornido á subestación de Vilar do Colo, en Cabanas (A Coruña), consistente en:

Traslado do apoio nº 17 ó predio nº 108, cunha afección de solo de 36 m2 e cambiando o apoio Arce 450/18,45 a 630/27,5 e o apoio nº 18 dun Arce 450/13,95 a 630/23, cunha afección de solo de 36 m2.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta dirección xeral resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública, e aproba-lo proxecto modificado de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo de un mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9506607