Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 7.975

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de setembro de 1995 pola que se autoriza provisionalmente un centro de ensinanzas especializadas de turismo, con sede en Vigo.

Visto o expediente presentado por Fernando Marcote Vilar, en solicitude de autorización e adscrición á Escola Oficial de Turismo de Madrid dun centro de ensinanzas especializadas de turismo, con sede en Vigo, ó amparo do Real decreto 865/1980, do 14 de abril, polo que se regula a ordenación das ensinanzas turísticas especializadas e dos centros que as imparten (BOE do 9-5-1990).

Tendo en conta o Real decreto 865/1980, antes citado. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo funcionamento do Centro de Ensinanzas Especializadas de Turismo WELTON, S.L., con sede no concello de Vigo, situado no Gorxal-Cabral-Vigo, como adscrito á Escola Oficial de Turismo de Madrid, para efectos de matrícula e de avaliación académica final dos alumnos.

Segundo.-No centro ó que se refire o apartado anterior impartiranse ensinanzas conducentes ó titulo de técnico de empresas e actividades turísticas, equivalente ó de diplomado universitario, de conformidade co establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 865/1980, do 14 de abril.

Terceiro.-Esta autorización terá carácter provisional ata que, co fin de optimiza-la impartición das ensinanzas, o centro se axuste, no que lle sexa de aplicación, ó establecido no Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudios na Comunidade Autónoma galega (DOG do 16-8-1994), que lle resulta de aplicación, por vía de analoxía, dada a natureza do centro de ensinanzas superior que ten o centro de ensinanzas turísticas especializadas que se autoriza na disposición primeira.

Cuarto.-A presente autorización quedará condicionada a que o centro referenciado no punto primeiro desta orde estea adscrito á Escola Oficial de Turismo.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

6111