Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle V-02 Vista Alegre.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 28 de setembro de 1995, o estudio de detalle V-02 Vista Alegre (3508/411), redactado polo arquitecto León López de la Osa González, visado polo

COAG con data 24 de agosto de 1994, condicionando a súa aprobación definitiva á aprobación definitiva do expediente de modificación da delimitación da unidade de execución V-02 contida no PXOU e delimitación da unidade de execución discontinua Vista Alegre-Ourense, facéndose constar así mesmo que se terá que entrega-la vía (Julia Minguillón) completamente urbanizada e que a cesión do 15 por 100 de aproveitamento municipal resolverase no correspondente proxecto de compensación; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da casa do concello, con notificacións individuais ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 5 de outubro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6971