Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

EDICTO.

O Pleno da Corporación do Concello de Verea, en sesión de data 26 de setembro de 1995, acordou modifica-lo escudo e bandeira municipais aprobados polo Pleno da Corporación nas sesións de data 26 de decembro de 1991 e 27 de febreiro de 1992, e aproba-lo novo escudo e bandeira municipais.

Durante o prazo de un mes, a contar desde o seguinte á inserción deste anuncio no DOG os interesados poden examina-lo expediente de aprobación do novo escudo e bandeira municipais, na secretaría do Concello de Verea, en día hábiles, das 9 ás 15 horas, e presenta-las reclamacións que estimen oportunas.

Verea, 16 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

6970