Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de delimitación da U.E. de ámbito discontinuo formada polas U.E. V-02 «Vista Alegre» e I-07 Ourense.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 28 de setembro de 1995, a modificación da delimitación da U.A. V-02 Vista Alegre do PXOU de Vigo (3282/411), delimitando a U.E. de ámbito discontinuo Vista Alegre-Ourense, a executar polo sistema de compensación, situada entre as rúas López Mora e Ourense, e entre García Barbón e Julia Minguillón, segundo a documentación elaborada polo arquitecto León López de la Osa González; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da casa do concello, con notificacións individuais ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 5 de outubro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde de Vigo