Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995 pola que se anuncia concurso para a concesión do servicio de comedor no centro municipal de servicios sociais de Monte Alto da Coruña.

Obxecto: concesión administrativa do servicio de comedor no centro municipal de servicios sociais de Monte Alto. (Ref. C95/3).

Tipo de licitación: versará sobre rebaixa no importe da subvención que outorgará o concello, será proposta polos licitadores.

Garantías: provisional, 20.000 ptas., definitiva, 200.000 ptas.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a concesión administrativa do servicio de comedor no centro municipal de servicios sociais de Monte Alto, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación nas seguintes condicións:

-Subvención que outorgará o concello... ptas. por persoa e día.

-As tarifas que se percibirán especifícanse na memoria que se xunta.

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co recibo que achego.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a paritr do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado o día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2º andar do Pazo Municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 16 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

95-6998