Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1995 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento do viveiro municipal.

Exponse o público durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril o prego de cláusulas administrativas particulares regulador do concurso con procedemento aberto para a execución das obras compendidas no proxecto de acondicionamento do viveiro municipal.

Simultaneamente, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el anúnciase a licitación, de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto: acondicionamento do viveiro municipal. (Ref. 095/90).

Orzamento: 14.639.418 ptas. (IVE incluído).

Garantías: provisional, 292.788 ptas., definitiva, 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo K, subgrupo 6, categoría E.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., veciño/a de..., con enderezo en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento do viveiro municipal e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... ptas. (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co regardo que xunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación directa das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento do viveiro municipal».

Prego de condicións: poderán ser examinadas e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do Pazo Municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 19 de outubro de 1995.

O alcalde

P.D.

Rubricado

6948