Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1995 pola que se lles dá publicidade ós avais concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica, Igape.

O artigo 21 da Lei 6/1994, do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995 autoriza a conceder avais ó Igape por un importe máximo de 13.000 millóns de pesetas.

O artigo 13.2º do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, establece que ós avais concedidos polo Igape se lles dará publicidade no Diario Oficial de Galicia. En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Darlles publicidade ós avais concedidos polo Consello de Dirección do IGAPE nas súas reunións de datas 26 de xullo e 31 de xullo de 1995:

-Aval por importe máximo de 45,5 millóns de pesetas á empresa Industrias Pardiñas, S.A.

-Aval por importe máximo de 60 millóns de pesetas á empresa Industrias Pardiñas, S.A.

-Aval por importe máximo de 195.300.000 pesetas á empresa Escurís, S.A.

-Avais a 48 industrias compradoras de leite por importe máximo total de 407.169.590 pesetas.

-Avais por importe máximo de 275 millóns á empresa Onza de Oro, S.A.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

95-06997