Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1995, do director do Instituto Galego de Estatística, pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación de urxencia, para a contratación dun servicio consistente na edición de dous cuestionarios: o do padrón municipal de habitantes e o dunha operación estatística adicional.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de servicio polo sistema de concurso público aberto suxeito ás seguintes bases:

Obxecto do contrato: realización do servicio consistente na edición de dous cuestionarios: o do padrón municipal de habitantes e dunha operación estatística adicional.

Orzamento: 7.000.000 de ptas., IVE incluído.

Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto e con carácter de urxencia, artigos 208 e 72 da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo total da execución: dúas semanas contados a partir da sinatura do contrato, e sempre que o prazo non exceda do día 15 de decembro.

Entidade contratante: Instituto Galego de Estatística.

Documentos de interese para os licitadores: poderán retirala no Negociado do Rexistro do I.G.E., na rúa Ramón Piñeiro, nº 27 de Santiago de Compostela.

Presentación de ofertas: presentaranse elaborados segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no Negociado do Rexistro do I.G.E. en horario de nove ás catorce horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: ó día seguinte hábil o remate da presentación de proposicións (sempre que non cadre en sábado) ás doce horas, nas dependencias do Instituto Galego de Estatística.

Fianza provisoria: 140.000 ptas.

Fianza definitiva: 280.000 ptas.

O importe do presente anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1995.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

9506967