Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (167/1995).

En virtude do acordado por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, e de conformidade coa providencia dictada nesta data nos autos de xurisdicción voluntaria

sobre nomeamento de contador partidor dativo, que

se segue neste xulgado co nº 167/1995, por instancia de Erundino Suárez Guerra contra Carmen Suárez Guerra, acordouse citar a Carmen Suárez Guerra, en ignorado paradoiro, como interesada e herdeira da causante Mª Concepción Guerra Pombo a unha comparecencia que se celebrará o próximo día quince de novembro ás 10 horas na sala de audiencias deste xulgado, con efecto de proceder ó seu nomeamento de contador partidor dativo, na herdanza da referida causante.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, para que sirva de citación en legal forma da demandada referida, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

95-6726