Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (326/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 326/1995, que se seguen por furto, cítase a Ángel Grande Rivero, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día oito de novembro, do ano que andamos, as 10,20 horas, compareza na sala de audiencias do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro, sita na rúa Viena, Polígono das Fontiñas, edificio xulgados, primeira planta (sala número tres), para asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, facéndolle saber que pode facelo acompañado de avogado, e que debe comparecer cos medios de proba de que intente valerse, advertíndoo de que se non comparece recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

En Santiago de Compostela, dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6722