Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (329/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 329/1995, que se seguen neste xulgado por estafa, cítase a José Leis Martínez, en calidade de denunciante, e actualmente en paradoiro descoñecido para que o vindeiro día dez de novembro ás dez e dez horas, compareza na Sala de vistas deste xulgado (sala de vistas número tres), sita na primeira planta do edificio dos novos xulgados, r/ Viena núm. 1, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, facéndolle saber que pode facelo asistido de avogado, e advertíndoo de que deberá acudir provisto dos medios de proba de que intente valerse, e que se non o verifica recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, dezaseis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

6886