Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.965

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (129/1994).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela,

Certifico que no libro de sentencias dictadas neste xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de cognición número 129/1994, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia: «en Santiago de Compostela, o dezanove de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de cognición sobre reclamación de cantidade seguidos neste xulgado co número 129/1994, a pedimento de Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador García-Piccoli Atanes, asistido do letrado Rodríguez-Gigirey Pérez, contra Alfredo Jesús Fernández y Pino, con domicilio na r/ Costa de Santa Isabel nº 24 baixo, Santiago de Compostela, declarado en situación procesual de rebeldía.

Decido que admito a demanda interposta pola representación da entidade Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra Alfredo Jesús Fernández y Pino. E debo condenar e condeno o mencionado demandado a pagarlle á demandante a cantidade de 113.359 ptas., mailos xuros legais devengados dela desde a interpelación xudicial, con imposición das custas causadas.

Advírtaselles ás partes que esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación por escrito no termo de cinco días perante este xulgado e a Audiencia Provincial.»

A sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe. E para que conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Alfredo Jesús Fernández y Pino, con último domicilio en r/ Costa de Santa Isabel nº 24, baixo, Santiago de Compostela, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o vintedous de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

6887