Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.964

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (321 e 500/1992 e 122/1994).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo de cognición, seguidos neste xulgado cos números 321/1992, 500/1992 e 122/1994 (estes últimos procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos desta cidade e do de igual clase de Negreira, respectivamente), notifícaselles ós demandados Construcciones Arpe, S.A. e Florinda Arufe Rieiro a sentencia dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número

un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de cognición, seguidos neste xulgado cos números 321/1992, 500/1992 e 122/1994 (estes últimos procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro desta cidade e do de igual clase de Negreira, respectivamente), entre partes, como demandante no primeiro e segundo e demandado no terceiro, Manuel Eliseo Pose Blanco, maior de idade, casado, economista, veciño de Santa Comba, representado en autos polo procurador Regueiro Muñoz, asistido polo letrado Nogueira Romero, como demandante no terceiro e demandado no segundo, Guillermo Araque García, maior de idade, casado, industrial e veciño desta cidade, con domicilio na rúa de Montero Ríos, nº 34-3-A, representado en autos polo procurador Varela Tobío, asistido polo letrado Lorenzo Vázquez, como demandado no primeiro, Construcciones Arpe, S.A., con domicilio descoñecido, e como demandada no terceiro Florinda Arufe Rieiro, maior de idade e veciña de

Santa Comba, estes últimos incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre outorgamento de escritura pública.

Resolvo:

1. Que estimando as demandas formuladas polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de Manuel Eliseo Pose Blanco, contra Construcciones Arpe, S.A., incomparecida e en situación procesual de rebeldía e Guillermo Araque García, a quen representa o procurador Varela Tobío, debo condenar e condeno os demandados a que outorguen a favor do actor escritura pública pola compravenda da praza de garaxe nº 11, sita no soto 2 da casa nº 34 da r/ Montero Ríos desta cidade de Santiago de Compostela, o que se levará a efecto en fase de execución de sentencia, condena que se deviñese de imposible cumprimento será substituída polo cumprimento por equivalencia nos termos do segundo fundamento xurídico da presente resolución, con expresa imposición de custas ós demandados.

2. Que, desestimando a demanda formulada polo procurador Varela Tobío, en nome e representación de Guillermo Araque García, contra Manuel Eliseo Pose Blanco, a quen representa o procurador Regueiro Muñoz e Florinda Arufe Rieiro, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, debo absolver e absolvo os demandados dos pedimentos contidos nela condenando o actor o pagamento das custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal e fáiselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lles sirva de notificación ós demandados Construcciones Arpe, S.A. e Florinda Arufe Rieiro,

declarados en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG que asino en Santiago de Compostela o un de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-6555