Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de outubro de 1995 pola que se publica a selección dos premios de carteis e debuxos sobre a educación do consumidor.

Por Orde do 29 de marzo de 1995 (DOG do 18 de abril de 1995), a Consellería da Presidencia e Administración Pública convocou premios de carteis ou debuxos e traballos de redacción sobre a educación do consumidor en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, vista a proposta do xurado relativa a selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto nas bases 5º e 6º, polo xurado mencionado na base 8º da citada orde, procede á súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVO:

Facer pública a selección de premios concedidos para carteis ou debuxos e traballos de redacción presentados de conformidade coa a Orde do 29 de marzo de 1995, que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Sr. Director Xeral de Comercio e Consumo. Sr. Director Xeral de Ordenación Educativa e Centros. Sr. Director Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos

ANEXO

-Modalidade carteis.

Título:Coidémo-lo mar.

Alumnas: Natalia Tarela Figueira. Sandra Suárez Canabal. Pilar Gallas Otero.

Estudios: Educación infantil (5 anos).

Centro de educación infantil de Ferreiros. Cordeiro. Valga (Pontevedra).

Premio de 105.000 ptas: 38.000 ptas. para os alumnos e 67.000 ptas. para o colexio.

-Modalidade carteis.

Sen título.

Alumnos: Estefanía Álvarez Tomé. Adrián Codesido Domínguez. David Doldán García. María Mercedes Gallego Lavalle. Ana Belén García Millos. Bibiana Lanzar Gaffet. Cristian Muños Pinto. Roi Pérez Álvarez. Xiana Pérez Vázquez. Lorena Piñeiro Alonso. Juan Teniente Otero. Julio José Otero Alfonso.

Estudios: 1º Ciclo Primaria.

Colexio Público Laredo. Chapela (Redondela).

Premio de 130.000 ptas.: 53.000 ptas. para os alumnos e 77.000 ptas. para o colexio.

-Modalidade redacción.

Título: Medio Ambiente.

Alumna: Vanessa López Lorenzo.

Estudios: Ciclo Medio de Educación Básica.

Colexio Público de E.X.B. Tomás de Lemos. Ribadavia (Ourense).

Premio de 155.000 ptas.: 63.000 ptas. para os alumnos e 92.000 ptas. para o colexio.

-Modalidade redacción.

Título: El Consumidor.

Alumna: Silvia Quevedo Díaz.

Estudios: Ciclo Superior de Educación Básica.

Colexio Público Divino Maestro. Ourense.

Premio de 130.000 ptas.: 53.000 ptas. para os alumnos e 77.000 ptas. para o colexio.

-Modalidade redacción.

Título: El Consumo del futuro.

Alumno: Pablo Rodríguez Novo.

Estudios: 1º de Bacharelato LOXSE.

Instituto Bacharelato Meixoeiro. Vigo.

Premio de 180.000 ptas.: 78.000 ptas. para os alumnos e 102.000 ptas. para o colexio.

6753