Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 26 outubro de 1995 pola que se determinan os servicios mínimos durante a folga convocada entre os días 27 de outubro e 5 de novembro de 1995 nas instalacións de almacenamento de productos petrolíferos que a empresa Compañía Logística de Hidrocarburos, S.A. (CLH, S.A.) posúe na Coruña e na súa terminal portuaria.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, a pesar de que limite o seu exercicio para garanti-lo mantemento dos servicios esenciais da comunidade. O Decreto 155/1988, do 9 de xullo, no seu artigo 3 faculta o conselleiro competente por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde, e ante unha situación de folga decida o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento dos servicios, así como para determina-lo persoal preciso para a súa prestación.

Por esta razón, é necesario a determinación de servicios mínimos ó ter carácter esencial os de abastecemento de bens e instalacións públicas, tal como recoñece o propio Decreto 155/1988, do 9 de xullo, da Xunta de Galicia, e, convocada a folga entre os días 27 de outubro e 5 de novembro, ambos inclusive, nas instalacións de almacenamento de productos petrolíferos que a empresa Compañía Logística de Hidrocarburos, S.A. (CLH, S.A.) posúe na Coruña, así como na terminal portuaria, esta consellería, oído o comité de folga, en virtude das competencias que lle atribúe o mencionado decreto e demais disposicións de aplicación,

DISPÓN:

Artigo 1º

Os servicios mínimos de persoal mentres dure a folga anunciada entre os días 27 de outubro e 5 de novembro, ambos inclusive, nas instalacións de almacenamento de productos petrolíferos que a empresa CLH, S.A. posúe na Coruña, así como na terminal porturaria, serán os que a continuación se especifican:

A) Instalación de almacenamento de bens.

Permanecerá en funcionamento diariamente, en réxime de servicios mínimos, durante unha única quenda de traballo (de 6 a 14 horas) contando co seguinte persoal:

1 Operador da sala de control.

1 Operario de planta.

B) Instalacións de almacenamento na terminal portuaria.

Permanecerá en funcionamento diariamente, en réxime de servicios mínimos, durante unha única

quenda de traballo (de 6 a 14 horas) contando co seguinte persoal:

1 Xefe de quenda.

1 Operario de planta.

Artigo 2º

O incumprimento desta obriga de mante-los servicios mínimos fixados na presente disposición será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable.

Artigo 3º

A presente orde entrará en vigor o mismo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

6747