Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de corrección de erros da do pasado día 10, pola que se anunciaba a licitación, polo sistema de concurso público, mediante procedemento aberto, para a construcción do edificio de nova planta destinado a sede da Audiencia Provincial da Coruña.

Advertidos erros no citado anuncio, publicado no DOG de data 17 de outubro de 1995, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 7.686, no apartado prazo de execución, debe dicir: 28 meses.

Na páxina 7.687, no apartado clasificación que se esixe, debe dicir:

Grupo C, subgrupo C 2, categoría e).

Grupo I, subgrupo I 6, categoría d).

Grupo J, subgrupo J 2, categoría c).

Grupo J, subgrupo J 4, categoría c).

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do día 27 de novembro de 1995, e a apertura das proposicións económicas efectuarase ás 13 horas do día 5 de decembro de 1995.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1995.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretrio xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

6897