Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de setembro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público por procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de material para a dotación de quirófano e da unidade de reanimación (C.P. 8/1995 P.I.).

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 195 do 10-10-1995, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina nº 7.542, columna segunda, liña 52, onde di: «Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18, apartados a), b) e d),...», debe dicir: «Solvencia técnia: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18, apartados a), b), c), d) e e),...»

Nota: esta corrección non afecta ó cómputo dos prazos previstos.

95-6889