Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1995 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a contratación das obras de reforma e acondicionamiento do edificio San Paio (area panorámica de Tui) Tui-Pontevedra.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a obra que se cita:

-Reforma e acondicionamiento do edificio San Paio (área panorámica de Tui) Tui-Pontevedra.

-Orzamento de licitación: 266.748.830 ptas. (douscentos sesenta e seis millóns setencentas corenta e oito mil oitocentas trinta pesetas).

-Prazo de execución: 14 (catorce) meses.

-Clasificación requirida: grupo C, subgrupo 3, categoría «e».

-Exposición do proxecto: o proxecto e prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación de Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura. Se coincide en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

-O importe dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1995.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario Xeral da Consellería de Cultura

95-7034